Volver

Galicia Set 18, 2018

Actualización da Bolsa de solicitantes de intercambios provisionais en SECUNDARIA


WEB - Bolsa pola que se pode solicitar intercambiar o destino para o profesorado de Ensinanza Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial (curso 2018/2019)  Acceso ao formulario

BOLSA DE SOLICITANTES ACTUALIZADA

 

O persoal docente que teña xa destino para o próximo curso 2018/2019 e que desexe intercambiar o seu posto de destino pode solicitar a súa inclusión na Bolsa de intercambios provisionais cubrindo todos os datos que se recollen no formulario cuxo enlace figura nesta páxina.

É importante que recorden que  a presentación das solicitudes será desde o día seguinte da publicación na páxina web da consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da adxudicación definitiva de destinos provisionais e ata o día 17 de setembro e presentaranse obrigatoriamente por Sede electrónica, tal e como se establece nos artigos 3 e 4 da dita orde, e buscar Procedemento ED002A e pulsar sobre TRAMITAR en LIÑA ==> link directo

Orde do 17 de xuño (DOG do 30 de xuño) pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas.

 
Dirección de correo electrónico: intercambios.secundaria@edu.xunta.es
 


#Mobilidade do Profesorado #Permutas

Volver