Acordo retributivo sobre o persoal docente entre a Consellería e só 2 sindicatos CCOO e FeSP-UGT


01 Out, 2018

DOGRESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de setembro de 2018 polo que se aproba o acordo acadado o 18 de xullo de 2018 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións sindicais CC.OO. e FeSP-UGT sobre as retribucións do persoal docente dependente desta consellería que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica de educación e do que exerce a función inspectora.

Considerando que en Galicia se produciron **dous procesos de homologación salarial nos anos 2003 e 2006 e que as cláusulas terceira do Acordo de catro de xuño de 2003 e oitava do Acordo do 16 de maio de 2006 estableceron que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria analizaría anualmente as retribucións do persoal funcionario docente que imparte ensinanzas distintas das universitarias en todo o Estado e, se resultase unha modificación apreciable da posición relativa acadada co presente acordo nas retribucións do persoal funcionario docente da nosa comunidade no conxunto do Estado, abriría un novo proceso de negociación das súas retribucións.

** o peor acordo retributivo dos últimos anos!!!

 100€ no 2003

 150€ no 2006

   90€ no 2021

Neste último  acordo as dúas OOSS firmantes (CCOO e FeSP - UGT) firmaron 90€ brutos que se conseguirán en 2021.

OS NÚMEROS FALAN POR SÍ SOLOS mais ainda cando ocupa catro períodos presupostarios, incorpora os fondos adicionais estatais, péchase co profesorado fóra das aulas.

Data de efectividade

1.10.2018 - Incremento mensual: 15 €

1.01.2019 - Incremento mensual: 20 €

1.01.2020 - Incremento mensual: 25 €

1.01.2021 - Incremento mensual: 30€

Información adicional: BOE 26/03/2018El 9 de marzo de 2018 el Gobierno de España, a través de su Ministro de Hacienda y Función Pública, y las organizaciones sindicales CCOO, UGT, y CSIF han suscrito el II Acuerdo para la mejora del empleo público y las condiciones de trabajo...) onde se recolle no punto sexto unha medida que favorece ás organizacións sindicais firmantes do acordo en Galicia:

"En el seno del grupo de trabajo de Impulso de la formación de los empleados públicos, creado en el Acuerdo para la mejora del empleo público suscrito el pasado 29 de marzo de 2017, se participará en la labor de prospección de necesidades de las iniciativas formativas para el personal al servicio de las Administraciones Públicas y se accederá a las acciones formativas dirigidas a la capacitación para el desarrollo de las funciones relacionadas con la negociación colectiva y el diálogo social".

Dende ANPE non estamos dacordo con financiar a formación interna dos delegados sindicais a cambio da firma dun acordo retributivo???. Dita financiación debe correr a cargo das propias organizacións sindicais.