ACORDO DE INTERINOS - modificación do punto 21º, novo 22º e un 5º á disposición adicional primeira


12 Ago, 2019

DOGRESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do Acordo entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións sindicais ANPE, CC.OO., CSI.F e FETE-UGT polo que se modifica o punto vixésimo primeiro, se engade un novo punto vixésimo segundo e se engade un punto 5 á disposición adicional primeira do texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia que imparte ensinanzas distintas das universitarias (publicado pola Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Diario Oficial de Galicia número 131, do 11 de xullo).

Na oferta de emprego do ano 2019 convócase a especialidade de Inglés do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas. Isto obriga a elaborar unha lista desta especialidade no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, coa finalidade de cubrir as interinidades e substitucións que procedan. Coa finalidade de preservar os dereitos das persoas que viñan prestando servizos como persoal interino ou substituto nesta especialidade nas escolas oficiais de idiomas, e no futuro nas especialidades de Francés e de Galego acórdase engadir un punto 5 á disposición adicional primeira do Acordo do 20 de xuño de 1995 ()

As notificacións das penalizacións e, se for o caso, das exclusións realizaranse por medios electrónicos a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

«Vixésimo segundo. Horario dos chamamentos

Nas datas inmediatamente anteriores e posteriores ao inicio do curso académico, mentres non estean cubertas todas as substitucións, os horarios dos chamamentos abarcarán toda a mañá e a tarde. En función do número de substitucións para cubrir poderá facerse o mesmo horario ao remate dos períodos non lectivos de Nadal e Semana Santa.

Nos restantes días de chamamentos o horario será, con carácter xeral, das 10.00 ás 15.00 horas».