Volver

Galicia Mar 27, 2018

Aclaración da nova da Xunta sobre Curso en liña preparatorio do CELGA 4


Ante as dúbidas xurdidas no día de onte, 26 de marzo, sobre a noticia na web da Consellería: " A Xunta presenta o novo curso en liña preparatorio do Celga 4", informamos que só se trata da presentación da Plataforma para a realización de cursos preparatorios, en ningún momento se fala de matrícula para novos cursos. De feito, a última convocatoria foi o 6 de febreiro e xa rematou o prazo.

Nestes momentos o único prazo aberto ata o 13 de abril é para probas para a obtención dos certificados CELGA no mes de maio, noticia que podes consultar nesta web subida o 13 de marzo:

Probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2018


#Plurilingüismo #ANPE Informa

Volver