Aberto o prazo para solicitude novas especialidades no Corpo de Mestres


12 Set, 2018

WEB - Aberto o prazo para que o persoal docente funcionario de carreira do corpo de mestres que reúna os requisitos para a adquisición de novas especialidades establecidos no anexo do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, polo que se establecen as especialidades docentes do corpo de mestres que desempeñen as súas funcións nas etapas de educación infantil e de educación primaria reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE núm. 270, do 9 de novembro) poida solicitar o recoñecemento de novas especialidades.

O prazo permanecerá aberto nesta convocatoria desde o 1 de setembro ata o día 1 de outubro de 2018, dado que o último día de prazo, o 30 de setembro, é inhábil. (Orde do 10 de xaneiro de 2012 pola que se establece o procedemento de recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres, DOG nº 14, do 20 de xaneiro)

Para calquera aclaración ou dúbida, o persoal docente pode poñerse en contacto co servizo de persoal de Primaria nos teléfonos:

981 545 495-981 544 487

981 957 825- 981 544 482 

ou por correo electrónico a: persoal.primaria@edu.xunta.es