A CONSELLERÍA TEN QUE SER a que DECIDA se as clases se suspenden polas condicións metereolóxicas.

Volver

Galicia Feb 09, 2018

A CONSELLERÍA TEN QUE SER a que DECIDA se as clases se suspenden polas condicións metereolóxicas

A Consellería de Educación, como ven sendo habitual, deixa a responsabilidade de abrir os centros escolares en mans dos correspondentes equipos directivos.

Así mesmo, ningúnha persoa do equipo docente, nin o alumnado, é informado previamente a través da web desta Consellería, das correspondentes alertas metereolóxicas, co que acaban chegando ao centro un par de alumnos e un mínimo de docentes que acudiron ante a falta de aviso, quedando moitos deles a medio camino debido a dificultade para transitar que houbo, sobre todo na provincia de Lugo.

 



#Acción sindical #Centros

Volver