Cara unha HOMOLOGACIÓN RETRIBUTIVA para todo o profesorado galego!


23 Mai, 2018

(22/05/2018) MS - RESUMO do tratado na segunda negociación pola HOMOLOGACIÓN RETRIBUTIVA

(16/05/2018) MS - RESUMO do tratado na primeira negociación dende hai anos sobre HOMOLOGACIÓN RETRIBUTIVA 

Por facer un pouco de historia sobre este tema, lembrar que na entrevista co Conselleiro de Educación con ANPE celebrada o 8 de marzo de 2015 a nosa organización lle trasladou xa, como primeira medida, a petición de apertura de negociacións para a homologación retributiva do profesorado galego e en aplicación da cláusula de revisión incluída no anterior acordo retributivo. Polo tanto, valoramos positivamente que por fin a Administración Educativa galega comece este tipo de negociación pero tamén nos queda claro que chega con anos de retraso.

ANPE esixirá un calendario para poder abrir negociacións para outro tipo de cuestións que nos devolvan á situación anterior a crise como poden ser a recuperación das cantidades detraídas das pagas extraordinarias desde o ano 2013  e recuperación do cobro das pagas extras dobres.

Nos escritos mencionados anteriormente, e presentados recentemente no mes de marzo actual para ANPE Galicia hai dous temas importantes e urxentes para por enriba da Mesa de negociación: a equiparación salarial e a paralización con carácter de urxencia dos recortes retributivos para o profesorado en situación de incapacidade temporal por baixa médica recollidos no Real Decreto Lei 20/2012, xa que a sinatura do acordo entre o Goberno Estatal e as Organizacións Sindicais da Función Pública permite negociar no seu ámbito de competencia a paralización dos recortes retributivos recollidos na citada normativa. ANPE esixe un gran acordo que leve á revisión de todos os recortes sufridos e que comporte unha mellora nas condicións de traballo do profesorado e unha aposta decidida pola atención á diversidade. Con isto queremos deixar claro que ANPE Galicia seguirá as vías da negociación e da presión sindical para recuperar TODOS os dereitos perdidos e para que tanto o Goberno Autonómico como a Consellería de Cultura e Educación, aposten decididamente polo ensino público na nosa Comunidade.

Para ANPE é fundamental que, nun posible acordo retributivo ao que poidamos chegar, se inclúa unha cláusula de revisión do acordado. Temos que ter en conta que somos a primeira comunidade que comeza a negociar unha homologación retributiva polo que corremos o risco de quedar deshomologados de novo nun período de tempo curto. De aí a importancia para ANPE da inclusión de dita cláusula de revisión. A Administración se compromete claramente a incluír a cláusula de revisión.