Prazo para solicitudes de NON PARTICIPACIÓN no CADP


19 Xun, 2018

WEB -  Aberto o prazo para formular solicitudes de NON PARTICIPACIÓN no Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais

            ENLACE para formular a solicitude

            Pode empregar o modelo de solicitude de non participación descargable AQUÍ

De acordo co seu artigo 39 “o persoal interino e substituto que estea nunha situación das que se relacionan a continuación poderá solicitar cada curso académico non participar nesta convocatoria (...) sen perder o número de orde na lista correspondente e sen que se admitan renuncias parciais, nos supostos recollidos no punto décimo cuarto da Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería que imparte ensinanzas distintas das universitarias. (...)

...Xunto coa solicitude deberá achegarse a documentación xustificativa de que o persoal interino ou susbtituto se atopa nalgunha das situacións relacionadas no punto décimo cuarto da Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. A solicitude de non participación e a documentación xustificativa deberá presentarse nos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A solicitude de non participar (...) supón que non se realizará chamamento para cubrir interinidades ou substitucións durante todo o curso académico agás no suposto de ter renunciado por ter un contrato de traballo de carácter temporal ou prestar servizos con carácter temporal noutro posto do sector público. Nestes casos poderán reincorporarse aos chamamentos á finalización do contrato ou da prestación de servizos”.

Na disposición transitoria sexta establece que “para o curso académico 2018/19 o persoal docente interino e substituto deberá formular a solicitude no prazo dos cinco días hábiles seguintes ao da publicación da presente orde”.

De acordo co dito, o prazo para formular solicitudes de non participación no concurso para a adxudicación de destino provisional do curso 2018-2019 é o comprendido entre o 15/06/2018 e o 21/06/2018, ambos incluídos. A solicitude, xunto coa documentación acreditativa da causa alegada, deberá presentarse nos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

IMPORTANTE: Lembre que a solicitude de non participación lle afecta a todas as listas das que vostede forme parte. Non formule esta solicitude de querer participar só por algunha delas. Neste caso, deberá participar no concurso de adxudicación de destinos só pola/s especialidade/s desexada/s, en entenderase a renuncia tácita a participar polas demais.

Enderezos de correo electrónico:

- Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es

- Mestres: persoal.primaria@edu.xunta.es

Teléfonos de información:

- Profesorado de secundaria: 981-545406, 981-545255, 981-545409, 981-545494, 981-545445

- Mestres: 981- 544482 , 981 -545440 , 981-544487, 981-957825, 981-545495, 981-544483