IMPORTANTE: COMISIÓNS DE SERVIZO POR CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR


31 Mai, 2018

ANPE informa - IMPORTANTE: COMISIÓNS DE SERVIZO POR CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR

Dado que este ano como novidade hai que entregar OBRIGATORIAMENTE a instancia na Sede Electrónica da Xunta de Galicia e ante os múltiples problemas xurdidos no proceso de matriculación nas oposicións, desde ANPE Galicia vos recomendamos que comprobedes na vosa sede que a solicitude das comisións de conciliación figure na mesma como PRESENTADA. É importante lembrar tamén que no caso de que estea correctamente presentada debedes ter un xustificante de presentación que xera a propia Sede Electrónica unha vez finalizado o proceso.

Amplíase o prazo ata o 6 de xuño: NOTA IMPORTANTE: debido a que os servizos da sede electrónica non estarán dispoñibles ao longo de case todo o día 26 de maio, amplíase o prazo para formular solicitudes de comisión de servizos en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, de xeito que o prazo rematará o 06/06/2018.