Volver

Galicia Abr 02, 2018

CONCURSO ORIENTACIÓN (Mestres): Resolución Definitiva


WEB - Adxudicación definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial

De acordo co establecido na base décimo sexta da Orde do 3 de novembro de 2017, pola que foi convocado concurso de traslados específico entre o persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería, o persoal concursante poderá formular, con carácter postestativo, recurso de reposición ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados dende a mesma data, ante o Xulgado do Contencioso Administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. 

Resolución definitiva asinada do Director xeral

Anexo I (adxudicación definitiva)

Anexo II (listaxe de excluídos)

 

180204_resoridef


#Mobilidade do Profesorado #Concurso de Traslados

Volver