Volver

Prazo de presentación pechado
Galicia Out 30, 2017 Dec 14, 2017

Profesores de artes plásticas e deseño, especialidades de Debuxo Técnico (595008) e de Deseño de Produto (595511)


 
   Para seren admitidas nas listas, as persoas aspirantes deberán posuír, na data de finalización do prazo de presentación da/s solicitude/s indicado na base terceira, os seguintes requisitos: 
 
- Titulacións requeridas (cadro)
Ter a nacionalidade española ou a de calquera outro Estado membro da Unión Europea, ou atoparse as persoas aspirantes incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España nos cales sexa aplicable a libre circulación de traballadores e traballadoras.
Acreditar o coñecemento da lingua galega. A acreditación do coñecemento da lingua galega realizarase coa presentación do certificado de coñecemento da lingua galega (Celga 4), ou da súa validación polo órgano competente; do curso de perfeccionamento en lingua galega ou a súa validación polo órgano competente; o título de licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, o certificado do nivel avanzado da escola oficial de idiomas ou o certificado de ter superado o curso de especialización en lingua galega.
 
    As persoas interesadas deberán formular unha solicitude e un aboamento de taxas por cada unha das especialidades en que desexen inscribirse. Con elas deberán achegar unha copia compulsada da documentación xustificativa dos requisitos mínimos previstos na base segunda, e da documentación acreditativa daqueles méritos que aleguen susceptibles de valoración segundo o previsto na base novena, asi como o seu baremo accedendo a LINK.
 
   O prazo para formular solicitudes será de 10 días hábiles  contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.


Fases del proceso
Resolución definitiva de persoas excluídas
Resolución provisional de persoas excluídas
Corrección de erros da Resolución do 23 de outubro de 2017
Modelo de solicitude
Baremo que se aplica
Relación de méritos
Información impresos de taxas e códigos
Convocatoria apertura de listas


#Bolsas de Traballo

Volver