CXT 2020/21 - Resolución definitiva para o corpo de MESTRES


21 Mai, 2021

DOGResolución do 10 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente do corpo de mestres, convocado pola Orde do 19 de outubro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 219, do 30 de outubro).

27/05 - DOG CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente do corpo de mestres, convocado pola Orde do 19 de outubro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 219, do 30 de outubro).

No caso de que ata o 31 de agosto deste ano resulten suprimidos postos detraballo adxudicados pola presente resolución e co obxecto de determinar cal é o profesorado afectado pola dita supresión, observarase o disposto no artigo 3 do Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda do destino de nitivo polas funcionarias e funcionarios docentes que prestan servizos nos centros educativos que impartan ensinanzas distintas das universitarias e o cómputo de antigüidade no centro en función das causas de acceso a el (DOG núm. 169, do 1 de setembro).

Tamén se poderán declarar anulados os destinos adxudicados que estean afectados pola estimación de recursos derivados desta resolución. O profesorado afectado e que par-ticipa como forzoso quedará na situación de suprimido con dereito preferente á localidade/zona en que se lle anula o posto de traballo obtido. Se participou con carácter voluntario, adquirirá o dereito preferente á localidade e á zona na cal se lle anula o posto de traballo obtido ou en que tiña acreditado o destino de nitivo, á súa elección, sempre e cando a súaresulta non fose cuberta.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que sexa competente, de acordo co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

LIGAZÓN a aplicación do CXT

>> Consulta de adxudicación  a NIVEL NACIONAL

>> Información Adicional do Ministerio