Resumo da Mesa Sectorial - Proposta de modificación do Acordo de interinos


02 Xul, 2019

WEB - RESUMO DA MESA SECTORIAL 

1º PUNTO DA ORDE DO DÍA: Proposta de Modificación do Acordo de Interinos.

            En relación á Disposición Transitoria única agradecemos o esforzo por solucionar a situación das persoas que tiveron problemas. Dito isto desde ANPE Galicia consideramos que debe darse unha solución definitiva a este tema e unha posible solución sería a de editar unha completa guía de procedementos como existe noutras Comunidades.

            Tema dos chamamentos: ANPE Galicia manifesta as súas dúbidas sobre a modificación plantexada pero tamén é consciente da dificultade da solución do tema. Sí e certo que nos comunican desde os centros educativos as dificultades que hai en determinadas ocasións para cubrir con axilidade as vacantes que se producen e que hai que dar unha solución a este tema. Consideramos que deberían habilitar un teléfono para que as persoas que nun momento determinado reciben unha chamada para cubrir unha substitución e non poden atender á mesma, poidan poñerse en contacto coa Consellería e devolver a chamada. Así mesmo consideramos que debe aumentarse o día de chamamentos e debería darse publicidade ao horario de chamadas.

            ANPE Galicia fará un esforzo por aceptar o documento que se presenta hoxe e darlle un voto de confianza temporal como garantía para arrancar o vindeiro curso pero, consideramos que a principios de setembro debe facerse un debate serio e motivado sobre a totalidade do Acordo. As listaxes actuais, por distintas cuestións, son en moitos casos ficticias xa que hai xente que leva máis de 20 anos nas mesmas sen ter traballado nunca. Ese tipo de situacións desvirtúan a existencia das listas de substitucións. Polo tanto, demandamos da Administración Educativa, un compromiso de revisión en profundidade do contido do Acordo de Interinos no mes de setembro unha vez comezado o curso escolar.

2º PUNTO DA ORDE DO DÍA: Información sobre persoas interinas que Iniciaron pero non completaron o proceso de matrícula do procedemento selectivo.

En relación á Disposición Transitoria única, ANPE GALICIA solicita que, xa que esta situación tivo a mesma solución o ano pasado, córremos o risco de transformar algo transitorio en algo definitivo. Polo tanto desde ANPE Galicia consideramos que debe darse unha solución definitiva que podería ser a de editar unha completa guía de procedementos, como existe noutras Comunidades, para que quede constancia por escrito do procedemento e dunhas instrucións claras para matricularse no proceso.

        

3º PUNTO DA ORDE DO DÍA: Rogos E Preguntas.

  • Poñer en coñecemento as incidencias producidas e coñecidas a estas alturas nos procesos selectivos. Consideramos que debe haber criterios de actuación únicos para  todos os tribunais. Denunciar tamén que hai tribunais que deciden que non hai lectura cando hai opositores que desexan leer. A Administración resposta que o acto de lectura é obrigatorio porque está na orde de convocatoria e que todo opositor ten dereito á lectura. Desde o noso punto de vista estanse a vulnerar dereitos. En relación ao mesmo tema das oposicións, solicitamos que se traten as cuestións previas con antelación e tempo suficiente para evitar a publicación de tantas correccións de erros.
  • No tema dos Conservatorios preocupanos o tema de qué cobertura de prazas que deberían corresponder ao nivel 26 son solicitadas no nivel 24. Hai unha lista elaborada de substitucións de Cátedras e que cando se produce unha vacante que corresponde a catedráticos debe cubrirse con esta lista. Tamén temos detectado que no caso dos conservatorios non se tiveron uns criterios obxectivos e homoxéneos para a concesión de permisos por asuntos particulares. A Administración resposta que para participar no CADP hai que ter prestado servizos no corpo correspondente. É certo que vai a haber poucas prazas no CADP pero tamén é certo que é necesario habilitar ás persoas con máis dereito en cada especialidade para que poidan solicitar no CADP. Non se van a dar comisións de servizo, co cal aquela persoa funcionaria de carreira no corpo de profesores de Música e Artes Escénicas que queiran aceptar unha interinidade no corpo de Catedráticos terán que pedir a excedencia no seu corpo coa posible repercusión que esta situación poida ter en canto á perda da súa praza definitiva. En relación aos permisos sen soldo algunhas solicitudes foron rexeitadas por necesidades de servizo.
  • Solicitamos información sobre como están os recursos presentados ao CXT. A Administración resposta que se están a tramitar. En primaria lles preocupa menos xa que saíu da Comunidade máis xente da que entrou. De todos os xeitos teñen previsto resolverse no menor tempo posible e notificarse.
  • Solicitamos aclaracións sobre como está a Orde de titulacións para aceso á listas de substitucións. A Administración resposta que teñen a primeira comisión o día 9 de xullo e posiblemente non dean rematado no mes de xullo polo que rematarán nas primeiras semanas de setembro para que estean operativas para o funcionamento das listas.
  • Solicitamos información sobre a situación dunha unidade no centro de Albeiros en Lugo. Unha unidade creada que está a funcionar e que se suprime. Entendemos que esta supresión vai a provocar que os pais e nais trasladen ao alumnado a un centro concertado relativamente próximo e non ao centro público que corresponde.
  • Solicitamos aclaracións sobre as peticións do profesorado de PES que quere solicitar nas EOI no CADP. Deben facer unha petición por outro corpo. Na práctica non terá repercusión xa que orde estipula que se resolve primeiro o CADP no corpo de EOI (o que supón colocar aos funcionarios con destino provisional e os interinos polo que non quedarán prazas vacantes para cubrir por funcionarios con destino provisional no corpo de PES).
  • En relación a este mesmo tema do CADP informamos á Consellería que non aparece a opción de solicitar por concelleiro/a. A Administración resposta que estudará como está o tema na aplicación.
  • Demandamos a restitución do cobro dos meses de verán para os substitutos/as que acrediten ter traballado durante 5,5 meses durante o curso.

A Administración informa de que na nómina de Agosto comezará a pagar a parte das IT, a partir do día 90, ás persoas que fixeron a reclamación oportuna.