Resolución provisional das listas de diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas


19 Nov, 2018

WEBResolución do 19 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas

Por unha Resolución do 20 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, convocouse un procedemento para a elaboración das listas de interinida des e substitucións para impartir docencia no corpo de catedráticos de música e artes escénicas nas especialidades de acordeón (593001), arpa (593003), canto (593006), clarinete (593008), composición (593010), contrabaixo (593014), clave (593009), dirección de orquestra (593023), etnomusicoloxía (593033), fagot (593030), frauta travesa (593032), gaita (593090), guitarra 593035), historia da música (593039), improvisación e acompañamento (593061), instrumentos de corda pulsada do renacemento e barroco (593092), instrumentos de corda fretada (593095), música de cámara (593050), musicoloxía (593051), óboe (593052), pedagoxía (593057), percusión (593058), piano (593059), produción e xestión de música e artes escénicas (593115), repertorio con piano para instrumentos (593098), repertorio con piano para voz (593063), saxofón (593066), trombón (593072), trompa (593074), trompeta (593075), tuba (593076), viola (593077), viola da gamba (593102), violín (593078) e violoncello (593079)

Prazo de reclamacións de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución

Resolución Provisional

Baremo Provisional

Listaxe Provisional de excluídos

ENLACE ás listas