Relación provisional de persoas admitidas e excluídas en Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos


29 Abr, 2019

WEBRelación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional na especialidade de organización e procesos de mantemento de vehículos (590111)

Resolución do 29 de abril de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de organización e procesos de mantemento de vehículos (590111).

Prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo

Resolución provisional

Poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas seleccionadas, non seleccionadas, a relación de persoas excluídas provisionais e o baremo provisional, mediante un escrito dirixido ao director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que presentarán por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no citado portal da Internet.

As alegacións así formuladas deberán remitirse (despois da súa presentación oficial, co selo de rexistro, tamén por correo electrónico no citado prazo ao enderezo persoal.secundaria@edu.xunta.es.

Listaxe provisional de persoas excluídas

ENLACE ás LISTAS