Programa de mobilidades de FP Dual no estranxeiro


27 Ago, 2019

WEB -  Resolución do 26 de agosto de 2019 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convoca un programa de mobilidades de FP dual para o curso 2019-2020.

Os centros educativos poderán solicitar a súa participación a partir da publicación desta resolución no portal educativo e ata o día 30 de setembro de 2019.

Resolución do 26 de agosto de 2019

As mobilidades obxecto desta convocatoria terán unha duración de entre 5 e 10 días e desenvolveranse entre o 15 de outubro e o 30 de novembro de 2019.

As mobilidades desenvolveranse, no estranxeiro, no ámbito territorial dos países da Unión Europea.

Cada centro educativo poderá solicitar máis dunha mobilidade; por cada unha delas deberá cubrir un formulario de solicitude segundo o modelo establecido no anexo desta resolución. As solicitudes debidamente asinadas e seladas remitiranse, ata o 30 de setembro de 2019, por correo electrónico ao enderezo sfp@edu.xunta.gal.