Probas título de bacharel para maiores de vinte anos - modificación data e prazos


05 Xun, 2020

DOGResolución do 3 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se modifican as datas e os prazos establecidos na Resolución do 20 de xaneiro de 2020 pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.

Corrección de erros da Resolución do 3 de xuño de 2020 (09/06/2020)
A proba celebrarase o día 3 de setembro de 2020 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.
4. Publicación dos resultados e reclamacións
1º. O día 8 de setembro de 2020 o tribunal fará pública a lista provisional das persoas avaliadas coas cualificacións positivas, por exercicios, no taboleiro de anuncios do IES San Clemente de Santiago de Compostela. Así mesmo, esta lista será accesible no portal web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no enderezo http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238.
2º. Contra a cualificación provisional poderase presentar, na secretaría do centro onde se celebrou a proba, reclamación por escrito dirixida á presidencia do tribunal nos dous días hábiles posteriores á publicación das cualificacións, explicando o motivo da reclamación.
3º. Transcorrido o prazo de reclamacións, elevarase a definitiva a lista de cualificacións, que será publicada o día 11 de setembro de 2020 no taboleiro de anuncios do IES San Clemente de Santiago de Compostela e no portal web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no enderezo http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238».

PROBAS DE ANOS ANTERIORES