Probas para a certificación de lingua galega, niveis CELGA 2 e 4


10 Set, 2019

DOG RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2019 (código de procedemento administrativo PL500C).

Datas de realización das probas: As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena do mes de novembro de 2019. As datas concretas serán debidamente publicitadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal), cun mínimo de 15 días naturais antes da data fixada para o primeiro exame.

As probas terán lugar en Santiago de Compostela e Ponferrada

O formulario de solicitude PL500C estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal. 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Non será necesario achegar este documento se xa foi presentado anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou o citado documento.

Conforme a actualización das tarifas de taxas á inscrición nas probas Celga é de 16,19 euros. A tramitación do pagamento da taxa poderá efectuarse por vía telemática ou presencial.

Probas do Celga 2: a proba escrita terá unha duración de dúas horas e a proba oral terá unha duración máxima de 10 minutos. 

-  Probas do Celga 4: a proba escrita terá unha duración de tres horas e a proba oral terá unha duración máxima de 15 minutos.

Os resultados provisionais das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal), no prazo máximo de dous meses.

Os resultados definitivos das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal), no prazo máximo de catro meses.

Tras publicarense os resultados provisionais, as persoas interesadas, mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral de Política Lingüística ou á conta de correo sxpl.probascelga@xunta.gal, poderán solicitar, no prazo de 10 días, a revisión das probas por parte da Comisión Central de Avaliación. Tras publicarense os resultados definitivos, as persoas interesadas poderán interpoñer, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación, recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura e Turismo.