Probas para título de graduado en ESO

Volver

Galicia Feb 09, 2017

Xoves 09/02/2017    RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, nas convocatorias de xuño e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.    Os prazos de matrícula serán:– Convocatoria de xuño: do 13 de marzo ao 24 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.– Convocatoria de setembro: do 3 ao 10 de xullo de 2017, ambos os dous incluídos.As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.   As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican no punto 4 ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.    As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 2 de xuño e 7 de setembro para as respectivas convocatorias.Entre as 8.30 e as 9.00 horas iniciarase o chamamento para o acceso aos espazos de realización da proba.      Na sesión da tarde, das 16.00 horas ás 19.00 horas, realizarase a proba do ámbito da comunicación.               



#Centros #Convocatorias Específicas

Volver