OPOSICIÓNS 2019 - Información relevante para os que aprobaron o Concurso - Oposición


19 Xul, 2019

WEB - NORABOA polo aprobado no concurso - oposición!.

Agora que comezan a coñecerse os resultados definitivos das oposicións dende ANPE queremos felicitar @s nov@s funcionari@s en prácticas e pornos a vosa disposición para aquelo que precisedes.

O mais importante e urxente é CUBRIR O CADP obrigatoriamente para tod@s  (ainda que xa o fixerades como persoal interino ou substituto) porque a vosa situación administrativa é diferente, pasades a Funcionari@s en prácticas. SÓ TES 2 DÍAS HÁBILES dende o día seguinte á publicación de aprobados na páxina web do tribunal.

Para cubrilo debes  ENTRAR en  www.edu.xunta.es/cadp

Se entras novo no sistema, terás que solicitar un conta de usuario no seguinte  ENLACE  para poder acceder á aplicación. Se tiveras calquera contratempo no enlace tes o contacto coa UAC (Unidade de atención) que o xestiona   881 99 77 01

Dende ANPE, como Sindicato Independente do Ensino Público, OFRECÉMOSVOS a nosa axuda para cubrir o CADP e resolver as dúbidas que teñades;  só tendes que acudir a algunha das nosas   SEDES  se queres unha atención presencial ou ben chamarnos por teléfono ou enviar un mail.

ENLACES DE INTERÉS PARA CUBRIR O CADP

Aplicación CENTROSEDUCATIVOS (calcular distancias en móvil o tablet)

(orientativa)

CATÁLOGO de UNIDADES, POSTOS E XORNADA dos CEIP, CEP e CEE de GALICIA en PDF