NÓMINAS do persoal ao servizo da Administración autonómica para o 2019


18 Xan, 2019

DOGORDE do 14 de xaneiro de 2019 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2019.

O Real decreto lei 24/2018, do 21 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes en materia de retribucións no ámbito do sector público (BOE do 27 de decembro) establece que para o ano 2019, as retribucións do persoal ao servizo do sector público non poderán experimentar un incremento global superior ao 2,25 % respecto ás vixentes en 31 de decembro de 2018, en termos de homoxeneidade para os dous períodos da comparación, tanto polo que respecta a efectivos de persoal como á súa antigüidade.

Establece, ademais, que se o incremento do produto interior bruto (PIB) a prezos constantes en 2018 alcanzase ou superase o 2,5 % engadiríase, con efectos do 1 de xullo de 2019, outro 0,25 % de incremento salarial. Para un crecemento inferior ao 2,5 %, o incremento diminuirá proporcionalmente en función da redución que se produza sobre o dito 2,5 %. Este incremento será de aplicación unha vez se aprobe mediante Acordo do Consello de Ministros e se dea traslado ás comunidades autónomas. Polo tanto, posteriormente, de ser o caso, realizarase a actualización desta orde para a aplicación desde o 1 de xullo de 2019 do dito incremento adicional.

As contías das retribucións do persoal docente non universitario establecidas polos acordos do Consello da Xunta de Galicia do 16 e do 23 de xaneiro de 1992, do 27 de xullo de 2006, do 13 de setembro de 2018 e polo Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo, son as que se reflicten no anexo V desta orde. Así mesmo, mediante o Decreto 120/2002, do 22 de marzo, regúlase a consolidación parcial do complemento específico dos directores dos centros escolares públicos. A porcentaxe de consolidación relaciónase no citado anexo V.

ANEXO V

Inspectores de educación, profesorado dos centros de ensino básico, bacharelato, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas ()

6º. Profesorado e conceptos retributivos non incluídos nos puntos precedentes:

As retribucións do profesorado e dos conceptos retributivos non incluídos nos puntos precedentes deste anexo, recoñecidos expresamente pola normativa vixente aplicable en 31 de decembro de 2018, serán as mesmas que en 31 de decembro de 2018, incrementadas no 2,25 %.