Interin@s e Substitut@s - Galicia

Volver

Galicia Xul 20, 2017

Xoves 20/07/2017 ANUNCIO do 11 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións definitivas e da relación definitiva de persoas excluídas do baremo para as prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades de Canto (594403), Clarinete (594404) e Percusión (594422) (anuncio de apertura de prazo do 15 de marzo de 2017, Diario Oficial de Galicia número 58, do 23 de marzo).    Facer públicas no portal da internet desta consellería (http://www.edu.xunta.es) as puntuacións definitivas e a relación definitiva de persoas excluídas do baremo para as prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades de Canto (594403), Clarinete (594404) e Percusión (594422).    Contra as puntuacións definitivas e a relación definitiva de persoas excluídas, que lle pon fin á vía administrativa de acordo co disposto no artigo 4 da Lei galega 6/2001, do 29 de xuño, as persoas interesadas poderán formular, con carácter potestativo, un recurso de reposición ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que sexa competente, segundo o establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.    Luns 15/05/2017    ANUNCIO do 4 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e da relación provisional de persoas excluídas do baremo para as prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades de Canto (594403), Clarinete (594404) e Percusión (594422) (Anuncio de apertura de prazo do 15 de marzo de 2017, Diario Oficial de Galicia número 58, do 23 de marzo).     Contra as puntuacións provisionais e a relación provisional de persoas excluídas, as persoas interesadas poderán formular unha reclamación mediante un escrito dirixido ao director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.    ENLACE á WEB        Xoves 23/03/2017    ANUNCIO do 15 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades Canto (594403), Clarinete (594404) e Percusión (594422).    O prazo para presentar a instancia ou as instancias de solicitude, así como a documentación xustificativa dos requisitos mínimos exixidos e dos méritos alegados para a súa baremación, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.    LINK ás listas de substitución         



#Bolsas de Traballo #Interinos

Volver