Interin@s e Substitut@s - Galicia

Volver

Galicia Out 27, 2017
Interin@s e Substitut@s - Galicia

Venres 27/10/2017


 
   Para seren admitidas nas listas, as persoas aspirantes deberán posuír, na data de finalización do prazo de presentación da/s solicitude/s indicado na base terceira, os seguintes requisitos: 
 
- Titulacións requeridas (cadro)
Ter a nacionalidade española ou a de calquera outro Estado membro da Unión Europea, ou atoparse as persoas aspirantes incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España nos cales sexa aplicable a libre circulación de traballadores e traballadoras.
Acreditar o coñecemento da lingua galega. A acreditación do coñecemento da lingua galega realizarase coa presentación do certificado de coñecemento da lingua galega (Celga 4), ou da súa validación polo órgano competente; do curso de perfeccionamento en lingua galega ou a súa validación polo órgano competente; o título de licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, o certificado do nivel avanzado da escola oficial de idiomas ou o certificado de ter superado o curso de especialización en lingua galega.
 
    As persoas interesadas deberán formular unha solicitude e un aboamento de taxas por cada unha das especialidades en que desexen inscribirse. Con elas deberán achegar unha copia compulsada da documentación xustificativa dos requisitos mínimos previstos na base segunda, e da documentación acreditativa daqueles méritos que aleguen susceptibles de valoración segundo o previsto na base novena, accedendo a LINK.
 
   O prazo para formular solicitudes será de 10 días hábiles  contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
 
171027_listas(1)


#Bolsas de Traballo #Interinos

Volver