Estancia profesional dun docente estranxeiro

Volver

Galicia Mar 28, 2017

Martes 28/03/2017     Resolución do 10 de marzo de 2017, da Secretaría de Estado de Educación,Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan prazas para centros educativos de Educación Infantil e Primaria, Ensino Secundario,Formación Profesional ou de Ensinos de Réxime Especial que desexen acoller, durante a súa estancia profesional, a un docente de Alemaña, Austria, Bélxica, Francia, Italia, Países Baixos, Portugal, Reino Unido, República de Irlanda ou Suíza, para o curso 2017/2018.   Este programa ten como finalidade, para os centros educativos, reforzar o conxunto de accións destinadas a favorecer intercambios culturais, coñecer outras metodoloxías, así como fomentar a aprendizaxe de linguas estranxeiras e a participación en programaseducativos europeos.   Modalidade A. Como centro de acollida para un docente xa identificado, procedente dalgún dos países incluídos nesta convocatoria, e que estea a participar nun programa de mobilidade profesional no seu país de orixe.    Modalidade B. Como centro que desexa acoller a un docente dalgún destes países e que, no caso de haber demanda, lle sexa asignado a través desta convocatoria.    En ningún dos dous casos recibirase axuda ou compensación económica algunha.    Solicitude de participación debidamente cumprimentada a través da sede electrónica: https://sede.educacion.gob.es/ portada.html, sección «Trámites y Servicios».     Prazo de presentación. O prazo de presentación de solicitudes e documentación acreditativa será de vinte días contados desde o día seguinte á publicación da presente resolución.    A relación de centros solicitantes e toda a información sobre a convocatoria atoparase  a disposición dos/as interesados/as na sede electrónica do MECD.           



#Centros #Convocatorias Específicas

Volver