Dirección do centro residencial docente de Ourense

Volver

Galicia Xan 08, 2018

ORDE do 20 de decembro de 2017 pola que se convoca concurso público de méritos entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir a dirección do centro residencial docente de Ourense.

Mediante o Decreto 52/2006, do 30 de marzo, modificouse parcialmente o Decreto 43/1989, do 2 de marzo, polo que se transforman os centros de ensinanzas integradas en institutos de educación secundaria e profesional e en centros residenciais docentes, e estableceuse que á fronte do centro residencial docente haberá unha dirección, nomeada pola xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e O. U, por un período de catro anos, renovable por períodos de igual duración, seleccionada previamente por concurso público de méritos entre o persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas non universitarias.

O prazo para presentar de instancias para tomar parte nesta convocatoria, dirixidas á Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

As persoas que concursen presentarán unha instancia seguindo o modelo que se publica como anexo I, xunto cunha folla de autobaremación que aparece como anexo II, e simultaneamente presentarán para a demostración dos méritos os documentos que se indican no baremo que aparece como anexo III.

Proxecto de traballo sobre as liñas básicas de actuación para o desenvolvemento das funcións inherentes ao posto que se solicita, tendo en conta as características deste, cunha extensión máxima de 30 folios.

 

180108_conmerou


#Centros #Convocatorias Específicas

Volver