CXT - Cómo reclamar ao baremo provisional


22 Xan, 2020

WEB - CONCURSO XERAL DE TRASLADOS

Ábrese prazo de reclamacións, previo á resolución provisional, dende o 22 de xaneiro ata o 27 de xaneiro do 2020.

Cando se publique a resolución provisional abrirase outro periodo de reclamacións.

Pasos a seguir para reclamar:

1º Na opción Participación do menú poderá ver a súa instancia validada, prema na ligazón "Reclamar baremo" da columna "Prazo reclamación baremo provisional" e abrirase unha nova xanela.

2º Nesta nova xanela poderá redactar en cada un dos apartados as súas reclamacións.

3º Cando remate as reclamacións prema no botón "gardar" e a continuación no botón "volver".

4º Na ligazón PDF Reclamacións da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar o informe coas reclamacións que será o que deberá presentar mediante correo electrónico aos seguintes enderezos en función do corpo polo que participa: persoal.primaria@edu.xunta.gal ou persoal.secundaria@edu.xunta.gal