CXT - Comisión ditaminadora

Volver

Galicia Dec 07, 2016

Mércores 07/12/2016    RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se determina a composición da comisión ditaminadora do concurso de traslados entre funcionarios docentes.    Primeiro. Constituirase a comisión que figura no anexo desta resolución.Segundo. Actuará como secretario ou secretaria da comisión o vogal con menor antigüidade na función pública docente como funcionario de carreira, agás que a comisión acorde determinalo doutro xeito.Terceiro. A comisión avaliadora poderá solicitar o asesoramento que considere oportuno.Cuarto. Os membros da comisión terán dereito a percibir asistencias de acordo co previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xuño), e conforme as clasificacións que recolle esta comisión considérase incluída na categoría primeira.      

historico


#Concurso de Traslados #Novas

Volver