Convocatoria das probas de acceso ás ensinanzas deportivas


23 Xun, 2020

DOG RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2020/21.

A inscrición para realizar as probas farase nas secretarías dos centros que se relacionan no anexo IV, preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se vaian realizar as probas de carácter específico.

 O prazo de inscrición será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 8 de xullo de 2020.

As probas de madureza realizaranse segundo figura no anexo I desta resolución e terá lugar no IES As Fontiñas, Santiago de Compostela, no día e nas horas que se indican a continuación:

a) Proba de madureza de grao medio: 8 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas.

b) Proba de madureza de grao superior: 8 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas.

As probas de acceso de carácter específico, para cada unha das modalidades deportivas, realizaranse:

a) Na modalidade de Fútbol Sala terá lugar no IES As Lagoas en Ourense, o día 9 de setembro, ás 10.00 horas.

b) Na modalidade de Fútbol terá lugar no IES Universidade Laboral en Culleredo, o día 10 de setembro, ás 10.00 horas, e no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 11 de setembro, ás 11.00 horas. As persoas aspirantes só poderán realizar as probas no centro en que formalizaron a inscrición.

c) Na modalidade de Balonmán terá lugar no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 11 de setembro, ás 10.00 horas.

d) Na modalidade de Baloncesto terá lugar no IES Fermín Bouza Brey en Vilagarcía de Arousa, o día 14 de setembro, ás 10.00 horas.

e) Na modalidade de Vela terá lugar nas instalacións do Centro Galego de Vela en Vilagarcía de Arousa, o día 14 de setembro, ás 11.30 horas; poden variar a data e/ou a hora do exame no caso de non darse as condicións meteorolóxicas establecidas no anexo VIII do Decreto 135/2012, do 31 de maio (DOG do 20 de xuño), polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo en vela con aparello fixo e técnico deportivo en vela con aparello libre.

f) Nas disciplinas Hípicas de Doma, Salto e Concurso completo terá lugar no centro autorizado CEMAR de Mondariz-Balneario en Pontevedra, o día 16 de setembro, ás 10.00 horas.

g) Na modalidade de Atletismo terá lugar no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo, o día 17 de setembro, ás 10.00 horas.