Confección de nóminas para 2017

Volver

Galicia Xul 10, 2017

Luns 10/07/2017  ORDE do 3 de xullo de 2017 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2017 e se actualiza con efectos do 1 de xaneiro de 2017 a contía das retribucións.    1. Con efectos económicos do 1 de xaneiro de 2017, os funcionarios públicos que desempeñen postos de traballo para os que o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, percibirán as retribucións básicas, o complemento de destino e as pagas extraordinarias correspondentes aos meses de xuño e decembro nas contías que se detallan nos anexos II e III desta orde.2. A contía mensual do complemento específico, co importe que se detalla no anexo IV desta orde, incrementarase nun 1 % respecto da vixente en 31 de decembro de 2016 e percibirase en catorce mensualidades.3. As contías das retribucións do persoal docente non universitario establecidas polos acordos do Consello da Xunta de Galicia do 16 e do 23 de xaneiro de 1992, do 27 de xullo de 2006 e polo Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo, son as que se reflicten no anexo V desta orde. Así mesmo, mediante o Decreto 120/2002, do 22 de marzo, regúlase a consolidación parcial do complemento específico dos directores dos centros escolares públicos. A porcentaxe de consolidación relaciónase no citado anexo V.    ** RAZÓN POLA QUE A NOSA PAGA EXTRAORDINARIA NON É DOBRE (recollido no Anexo II)     A1: Soldo > 1.131,36   > 698,13 (Paga extra)         Trienio > 43,52     > 26,85    (Paga extra)     A2: Soldo > 978,26  > 713,45 (Paga extra)        Trienio > 35,48  > 25,87  (Paga extra) 



#Retribucións #Normativa

Volver