Comisión de servizos por Conciliación da vida familiar e laboral


24 Mai, 2019

WEB - Prazo de solicitude de comisión de servizo en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral para o curso académico 2019/2020

O único prazo de solicitude de comisión de servizos por concicliación da vida laboral e familiar é do 24 de maio de 2019 ao 6 de xuño de 2019, ambos inclusive.

Para as persoas que superen o procedemento selectivo de ingreso ou acceso no corpo correspondente e estean pendentes de ser nomeadas funcionarias en prácticas pola Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional, o prazo será de dous días hábiles contados desde a publicación da relación de persoas aprobadas polo tribunal correspondente.

Para formular unha solicitude de comisións de servizos deberá acceder ao enderezo: www.edu.xunta.es/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo as instrucións que se indican na citada aplicación.

En todo caso, as persoas interesadas deben achegar coa solicitude a seguinte documentación, segundo o caso:

No caso de embarazo, informe médico coa data probable de parto 

Certificación literal de nacemento ou copia do libro de familia actualizado 

Copia de sentenza xudicial pola que se establece a custodia compartida 

Copia da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción ou o acollemento permanente ou preadoptivo.

Copia da resolución administrativa de acollemento permanente ou preadoptivo cando non fose expedida pola Xunta de Galicia.

Copia da resolución administrativa de recoñecemento dun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% dos fillos ou fillas menores de doce anos, cando non fose expedida pola Xunta de Galicia.

IMPORTANTE: A única forma válida de presentación de instancias é a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Non se admitirán instancias presentadas en papel.

Normativa: Orde de 15 de abril de 2019 (DOG do 30 de abril de 2019)

Teléfonos de contacto:

Profesorado de secundaria: 981 545406, 981 545407, 981 545255, 981 544486

Mestres: 981 544482, 981 544488, 981 545 440

Enderezos de correo electrónico:

Profesorado de secundaria:persoal.secundaria@edu.xunta.es

Mestres; persoal.primaria@edu.xunta.es