CELGA - Probas para a obtención dos certificados de lingua galega


12 Mar, 2020

DOGRESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2020 (código de procedemento PL500C).

As probas seguirán a centralizarse, no ámbito da comunidade autónoma, en Santiago de Compostela, e, no exterior, en Ponferrada, polo especial vínculo que existe coa zona do Bierzo.

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de maio e/ou xuño de 2020.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C que se publica como anexo I desta resolución, e aboar a taxa que se indica na convocatoria. O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal. Deberán indicar nel a proba ou as probas a que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia

Os códigos que deben cubrirse son:

Consellería: Cultura e Turismo. Código: 10.

Delegación: Servizos Centrais. Código: 13.

Servizo: Secretaría Xeral de Política Lingüística. Código: 09.

Denominación taxa: inscrición nas probas homologadas para a acreditación do nivel de competencia en lingua galega e mais a acreditación do nivel correspondente, de ser o caso. Código: 304401.

Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para cada nivel e localidade, a través dunha resolución que se publicará na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) así como todo o resto de información do proceso.