Catálogo de unidades e postos de traballo_2017

Volver

Galicia Xul 28, 2017

Venres 28/07/2017  CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 6 de xullo de 2017 pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes desta consellería nos niveis de educación infantil, educación primaria e educación especial.    Anexo IV   Mércores 26/07/2017    ORDE do 6 de xullo de 2017 pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes desta consellería nos niveis de educación infantil, educación primaria e educación especial.    1. Modifícar as unidades e os postos de traballo docentes dos seguintes centros educativos:– Escolas infantís, colexios de educación primaria, colexios de educación infantil e primaria e centros públicos integrados que se detallan no anexo I.– Centros de educación especial que se relacionan no anexo II.– Colexios rurais agrupados, relacionados no anexo III.    2.  Suprimir os centros que se relacionan no anexo IV desta orde.    1. Aos centros que como consecuencia das modificacións que se sinalan no artigo primeiro incrementen o número de postos de traballo, aplicaráselles o establecido na Orde do 30 de marzo de 1992, pola que se regula a mobilidade das funcionarias e dos funcionarios pertencentes ao corpo de mestras/es nos propios centros por incremento de postos de traballo.Estes novos postos poderanse solicitar polo profesorado con destino definitivo no centro que conte coa oportuna habilitación e accedese a este por concursos anteriores ao convocado no curso 1990/1991, sempre que non acadase novo posto de traballo nel como consecuencia doutros procesos de adscrición ou de mobilidade no propio centro. Non obstante, poderaos solicitar o profesorado que, estando en posesión da correspondente habilitación, estea adscrito a postos de traballo que se vexan afectados por diminución nun número máximo igual á redución de postos.2. Así mesmo, aplicarase o Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda do destino definitivo polas funcionarias e funcionarios docentes que prestan servizos nos centros educativos que imparten ensinanzas distintas das universitarias e o cómputo da antigüidade no centro en función das causas de acceso a el.3. Os procesos de mobilidade regulados na Orde do 30 de marzo de 1992 que se produzan como consecuencia desta orde, desenvolveranse durante o mes de setembro de 2017 e terán efectos do día 1º do mesmo mes.  



#Centros #Documentos de Interese

Volver