Permisos ao funcionariado en relación coas eleccións sindicais ás xuntas de persoal docente


20 Set, 2018

DOGORDE do 10 de setembro de 2018 pola que se regulan os permisos ao funcionariado dos corpos regulados na Lei orgánica 2/2016, do 3 de maio, de educación, en relación coas eleccións sindicais ás xuntas de persoal docente non universitario do ámbito de xestión desta consellería.

Ante a proximidade das eleccións sindicais para as xuntas de persoal docente non universitario do ámbito de xestión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que teñen como data prevista de votación o 4.12.2018, faise preciso determinar o sistema de permisos para os membros das mesas electorais, interventores e apoderados, así como para os electores en xeral. En consecuencia, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Os membros das mesas coordinadoras provinciais terán permiso retribuído para exercer as súas funcións como tales durante o proceso electoral, desde o 3.10.2018 ao 21.12.2018, ambos incluídos.

Segundo. Os compoñentes das mesas electorais parciais terán dereito, de ser preciso, a permisos polo tempo indispensable para asistir ás xuntas da mesa electoral. Así mesmo, disporán dun permiso retribuído de xornada completa no día da votación e a unha redución de cinco horas na súa xornada de traballo do día inmediatamente posterior.

Terceiro. Os apoderados e interventores que designen as candidaturas, se é o caso, terán permiso durante todo o día da votación.

Cuarto. Os electores en xeral terán permiso polo tempo indispensable para exercer o seu dereito ao voto, segundo as instrucións concretas que dite cada órgano d