Calendario Escolar 2017-18

Volver

Galicia Xun 22, 2017

Xoves 22/06/2017    ORDE do 12 de xuño de 2017 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2017/18 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.    Os comedores escolares funcionarán en educación primaria desde o día 11 de setembro de 2017 ata o 21 de xuño de 2018 e, en educación secundaria obrigatoria, desde o día 15 de setembro de 2017 ata o 21 de xuño de 2018.   1) No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 11 de setembro de 2017 ao 21 de xuño de 2018, ambos inclusive.   2) Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional, a impartición efectiva de clases realizarase do día 15 de setembro de 2017 ao 21 de xuño de 2018, ambos inclusive.   3) Nas ensinanzas de réxime especial, as actividades lectivas realizaranse entre os días 15 de setembro de 2017 e 30 de xuño de 2018, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación establecidos para cada unha delas.    Períodos de vacacións:1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2017 ata o día 7 de xaneiro de 2018, ambos inclusive.2. Entroido: días 12, 13 e 14 de febreiro de 2018.3. Semana Santa: desde o día 24 de marzo ata o 2 de abril de 2018, ambos inclusive.   Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos  se celebrará o 7 de decembro de 2017.     Disposición adicional cuarta. Adscrición funcional en educación primariaPara os únicos efectos da adscrición funcional do profesorado do corpo de mestres e co obxecto de respectar o dereito de cada grupo de alumnos e alumnas a manter o mesmo titor durante dous cursos na educación primaria, este dereito entenderase referido a primeiro e segundo cursos, terceiro e cuarto cursos, e quinto e sexto cursos.  



#Centros #Calendario Escolar

Volver