Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na ESAD de Literatura Dramática


18 Xan, 2019

WEB - Resolución do 18 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de literatura dramática (594455).

O prazo para formular solicitudes será de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución  no portal de Internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional www.edu.xunta.es

Resolución do 18 de xaneiro de 2019

Modelo de solicitude

Modelo de alegación de méritos