ANPE suspende á Consellería de Educación

Volver

Galicia Xun 24, 2017

Sábado 24/06/2017    ANPE suspende á Consellería de Educación:  O profesorado galego avalía negativamente a xestión da administración educativa.     O sindicato independente de docentes, ANPE en Galicia, fai balance do curso 2016-2017 e volve dar un rotundo suspenso á Consellería de Educación.    “Rematamos un novo curso sen ningún tipo de avances nas condicións laborais e retributivas do profesorado: continuamos sendo dos docentes peor retribuídos de todo o Estado, seguimos sen recuperar as pagas extras detraídas desde 2013, o profesorado interino segue sen percibir o verán despois de traballar 5,5 meses (cando noutras CCAA xa o cobran) e, os docentes galegos seguen a ser dos que mais horario lectivo teñen (hai CCAA que restableceron a xornada reducida en xuño e setembro).    A Comunidade de  Madrid acaba de pechar un Novo Acordo Sectorial que suporá 2800 profesores mais ata 2020 ( en Galicia levamos perdidos 2188 desde o ano 2010), cobro  do verán para os seus interinos, incremento do importe dos sexenios, aumento de prazas nos concursos de traslados, cobertura automática das baixas desde o primeiro día cando (Galicia só facía chamamentos dous días).    ANPE considera necesario retomar o diálogo e a negociación que levan anos ausentes, agudizándose mais neste curso 2016/2017 no que a Consellería limitourse a manter reunións nas que apenas existiu negociación, sendo o seu carácter informativo e desoíndo totalmente as propostas realizadas polas organización sindicais.     O profesorado galego e o que sostén o sistema educativo co seu esforzo e dedicación a pesares da ADMINISTRACIÓN GALEGA por moito que saque peito polos resultados do PISA que nos sitúa dentro das Comunidades Autónomas con mellores resultados.ANPE mostra o total rexeitamento nas actuacións levadas a cabo pola Administración Educativa Galega, con perfidia e nocturnidade, na política de peches de centros públicos: CEIP Emilio Navasqües en Outes, CPI Monte Caxado das Pontes,  CPI da Ribeira no Porriño, así como á oferta da ESO no CPI de Ribadavia.            Dende ANPE insistimos en que a Consellería ten moitas tarefas pendentes polo que este curso suspende, na avaliación continua do curso foi de mal en peor sendo o último trimestre MOI DEFICIENTE: Falta de negociación do calendario escolar (actitude autoritaria na Mesa Sectorial de Educación), falta de respecto aos opositores coa chantaxe da convocatoria a cambio de aprobar os presupostos e nefasta xestión do proceso de oposicións.                                                                              Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2017       



#Acción sindical #Notas de Prensa

Volver