ANPE na comisión de seguimento do acordo de interinos


18 Out, 2018

AS - Posicionamento da nosa organización na Comisión de seguimento do Acordo de interinos 

  ANPE demanda unha revisión en profundidade do Acordo para que as listaxes sexan o mais dinámicas posibles (revisarase o procedemento das chamadas) e con persoal substituto que estea firmemente disposto a traballar para a administración galega.
Queremos aclarar que o que pedimos é:
1º) Que os chamamentos se realicen todos os dias, cando xurda a vacante.
2º) En nigún caso pedimos que se eliminen as renuncias xustificadas do acordo de interinos que nós mesmos asinamos xunto con outras organizacións sindicais e moito menos que se poña en risco a estabilidade dos docentes interinos galegos que nós xunto con outras OOSS conseguimos acadar con este acordo que se opón a rebaremación e que nunca poñeremos en perigo. ANPE sempre defenderá o acordo de interinos.
Simplemente sinalamos que existen docentes interinos que adican a súa vida ao ensino público recorrendo centos e centos de km para realizar subtitucións en calquer parte de Galicia cambiando cada poucos dias de destino e cando acadan un mínimo de estabilidade laboral (interinidade) se atopan con que perden esa estabilidade porque unha persoa ou varias que estaban diante na lista e que non se adicaron en máis de dúas décadas ao ensino público porque crian máis convinte traballar na “empresa” privada deciden incorporarse á pública. Por iso creemos que hai que buscar unha solución equilibrada e razoable a esta problemática.
ANPE (única organización sindical con prepresentación na mesa sectorial que defende única e exclusivamente o  ENSINO PÚBLICO, sen interés na privada-concertada) sempre DEFENDEU e DEFENDERÁ a estabilidade d@s dos DOCENTES INTERINOS E PERSOAL FUNCIONARIO DE CARREIRA que adican a súa vida laboral ao ENSINO PÚBLICO.