Ampliación dos permisos de maternidade e paternidade

Volver

Galicia Xan 11, 2018

A Administración Educativa informa que  ampliarán os permisos  de maternidade e paternidade DE OFICIO e ENVIARÁN CONFIRMACIÓN ÁS PERSOAS IMPLICADAS

 TÍTULO II   Medidas administrativas CAPÍTULO I Emprego público

Tres. O número 1 do artigo 121 queda modificado como segue:

«1. Nos casos de parto, a nai funcionaria ten dereito a un permiso retribuído de vinte semanas ininterrompidas, que se distribuirán á elección da persoa titular do dereito, sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ao parto».

Catro. Modifícase o número 1 do artigo 122, que queda coa seguinte redacción:

«1. Nos casos de adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple, o persoal funcionario ten dereito a un permiso retribuído de vinte semanas ininterrompidas, do cal se fará uso, por elección da persoa titular do dereito, en calquera momento posterior á efectividade da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción ou efectividade da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, sen que en ningún caso un mesmo menor poida dar dereito a varios períodos de aproveitamento deste permiso».

Cinco. Modifícase o número 1 do artigo 124, que queda coa seguinte redacción:

«1. Nos casos de nacemento, acollemento ou adopción dun fillo, o persoal funcionario que non estea a gozar do permiso por parto ou por adopción ou acollemento previsto nesta lei ten dereito a un permiso retribuído de cinco semanas ininterrompidas de duración, do cal se fará uso a partir da data do nacemento, da efectividade da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da efectividade da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción. Nos casos de parto, adopción ou acollemento múltiple, a duración deste permiso incrementarase nunha semana máis».

171228_leimedidas


#Normativa #Permisos e Licenzas

Volver