Informe da reunión do grupo de traballo de exterior


16 Nov, 2018

Informe da reunión mantida onte 15 de novembro no Ministerio para tratar : Docentes no exterior

1º APLICACIÓN DA AMPLIACIÓN DO PERMISO DE PATERNIDADE. Froito do acordo de Función pública sobre o incremento de permiso de paternidade e á espera das instrucións que se publiquen da Administración Xeral do Estado, levará a cabo tamén para os docentes no exterior conforme ao calendario exposto de 8 semanas en 2019, 12 semanas en 2020 e 16 semanas en 2021.

2º Van convocar 137 prazas de docentes e 22 de asesores no exterior antes de finais de novembro. ( Pedimos que se nos facilite un calendario para negociar os posibles cambios en canto á fase de concurso e baremos así como o Anexo I coa relación de vacantes concretas para poder analizalas)

Trasládannos tamén que rebaixaron o nivel de competencia lingüística de portugués para as prazas de Portugal e Brasil e de alemán para as prazas de Alemaña dun B2 a un B1. Doutra banda están a estudar a posibilidade de eliminar o requisito de idioma de francés e árabe para as prazas en Marrocos.

3º COMPLEMENTOS RETRIBUTIVO PARA INTERINOS NO EXTERIOR.  Están a pensar como aprobar un complemento para os interinos que están no exterior, pero están a atopar problemas orzamentarios e técnicos. 

4º En principio, a convocatoria de profesores visitantes publicarase previsiblemente a finais de novembro.